• CSMVigo Cultural

01/04/2022 Masterclass Percusión MAGDALENA MYRCZIK

Updated: Mar 9

Data: Venres 1 de abril de 2022

Profesora: MAGDALENA MYRCZIK

Data límite de inscrición: 25 de marzo de 2022

Horario: 9:00 a 13:30 e 16:00 a 17:00.

Prezo xornada completa (oíntes e activos): 20 €

Prezo xornada tarde (oíntes e activos): 10 €

Inscrición: https://forms.gle/7pkAXnfeGaZPi6Js6


Nada en Polonia, Magdalena terminou os seus estudos de grao e máster na escola “The Karol Lipinski Academy of Music” en Breslavia aos que sumou outro máster no Conservatorio Superior de Música Óscar Esplá de Alicante. Ten participado en varios cursos como na “International Katarzyna Mycka Marimba Academy” (Alemania) ou ”The International Percussion Forum” en Zagan (Polonia) entre outros, e gañado premios como o 1º premio de vibráfono no “Drum Fest” de Opole (Polonia), o 2º premio do concurso internacional “Marimba Festiva” de Bamberg (Alemania), o 1º premio no “Concurso de Interpretación Villa de Cox (Alicante)”, o 1º premio co FlowStick Ensemble no “The American Protegé Concerto Competition” que se materializou nun concerto no Carnegie Hall, e o 3º premio co Sauti Duo no concurso Opus 2021. Realizou múltiples concertos e masterclasses en Europa, Norteamérica, China e Xapón con orquestras ou en grupos de cámara como FlowStick Ensemble (coa frautista con Kalina Majewska), Sauti Dúo (con David Almagro), Symmetrio (con Félix Reyes e David Almagro) ou a orquestra de música contemporánea “Sound Factory Orchestra”. Magdalena é membro da “Marimba Festiva” e artista de Morgan Mallets.






18 views0 comments

Recent Posts

See All