• CSMVigo Cultural

Alberto Vilas

Xoves 15 de outubro, 20.00 horas.

Naialma - Presentación do novo disco

A última aventura compositiva do pianista Alberto Vilas lévao ao máis íntimo, ao encontró co seu instrumento ensolitario para dar lugar á expresión máis honesta da música que sae de si mesmo. Logo de ter composto e gravado discos para formacións do máis variado e ter participado en proxectos tan diferentes coma grupos de jazz, grupos de tango, folk, clásica, contemporánea, ter composto bandas sonoras de documentais e actuado en numerosísimos escenarios tanto coma líder do seu proxecto ou mesmo coma parte dun grupo, chega agora ao momento de atoparse consigo mesmo, de deixar soar a súa propia voz con toda claridade e para iso compón un repertorio para piano só que el mesmo interpreta. Máis que probada a súa versatilidade coma músico podemos dicir que a súa música é precisamente froito de todas esas experiencias sonoras. Nas súas composicións podemos atopar todo tipo de influencias dos máis variados estilos, mais a estas alturas xa non hai nengunha dúbida de que ten unha personalidade e unha voz propia e inconfundible. Neste novo proxecto reivindica a calma, o silencio, a reflexión, a poesía, o sentir máis íntimo, fuxindo do artificio, do ruído imperante na sociedade e na música, da excesiva tecnificación da arte. É un encontro consigo mesmo nesta parte do camiño da súa vida polo que tamén ten algo de biográfica, máis tamén de denuncia de distintas cuestións que salpican os nosos tempos. É esta unha música limpa e sinceira,nada pretenciosa nen artifiosa, que busca a comunicación directa con quen a escoita.


 

Conservatorio Superior de Música de Vigo

Rúa Manuel Olivié, 23. 36203, Vigo.

Tlfno: 986 471 144

www.csmvigo.com

©2020 CSMVigo