• CSMVigo Cultural

PRESENTACIÓN LIBRO: Luis R. Brage Villar

Luis R. Brage Villar. Obra e Memoria

de David Ferreiro Carballo


O Consello da Cultura Galega (CCG) en coordinación co Departamento de Musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMVIGO) presentan a publicación Luis R. Brage Villar. Obra e memoria (CCG, 2020).


A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o director do CSMVIGO, Esteban Valverde; o profesor do Departamento de Musicoloxía do CSMVIGO, Julio Alonso; e o autor do libro, o musicólogo, David Ferreiro presentan o próximo luns 9 de maio no Auditorio do CSMVIGO (19:00 horas) o libro Luis R. Brage Villar. Obra e memoria.


Trátase dunha obra que contextualiza e documenta a importancia do pedagogo, director e compositor Luis R. Brage Villar, autor de Follas novas, a rapsodia galega por excelencia. No limiar, o musicólogo Luís Costa di que “a través da exhaustiva biografía que aquí́ se presenta, o lector ou lectora pode percorrer o salón, o palco da música, as sociedades culturais e educativas, e ata o foso da orquestra do teatro ou do cine”.


A publicación pódese descargar na seguinte ligazón:

http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4368



30 views0 comments

Recent Posts

See All