top of page

14/12/2021 20:00 h. VERÃO CLÁSSICO on tour

CONCERTOS DE NADAL 2021

Martes, 14 de decembro de 2021, 20:00 h.

Auditorio Martín Códax do CSMV

VERÃO CLÁSSICO on tour

Mihaela Martin (violín)

Miguel da Silva (viola)

Frans Helmerson (violoncello) Tiago Pinto-Ribeiro (contrabaixo)

Filipe Pinto-Ribeiro (piano)

PROGRAMA

Antonín Dvorák (1841-1904) Cuarteto con piano nº2 Op. 87

I. Allegro con fuoco

II. Lento

III. Allegro moderato, grazioso – Un pochettino più mosso

IV. Finale. Allegro ma non troppo

Franz Schubert (1797-1828) Quinteto con piano “A troita” D. 667

I. Allegro vivace

II. Andante

III. Scherzo: Presto

IV. Andantino – Allegretto

V. Allegro giusto


Mihaela Martin

Mihaela Martin é considerada unha das violinistas máis destacadas da actualidade. 

Naceu na Romanía e, aos cinco anos, recibiu as primeiras leccións de violín do seu pai. Máis tarde, estudou con Stefan Gheorghiu. Con só 19 anos, Mihaela Martin gañou o Segundo Premio no famoso Concurso Internacional Tchaikovsky de Moscova. Tamén acadou premios en Montreal, Bruxelas, e o Primeiro Premio no Concurso Internacional de Violín de Indianápolis, que lanzou definitivamente a súa carreira internacional.

Mihaela Martin tocou como solista con grandes orquestras como a BBC, a Royal Philharmonic, Sinfónica de Montreal, Orquestra Mozarteum de Salzburg ou a Orquestra Gewandhaus de Leipzig.

Mihaela Martin é Profesora de violín na Escola Superior de Música de Colónia, na Academia Kronberg e na Academia Barenboim-Said Akademie en Berlín.

É membro regular de xurados en grandes concursos internacionais, como o Raiña Elisabeth (Bélxica), Indianápolis (EUA), Enescu (Romanía) e Tchaikovsky (Rusia).

Mihaela Martin toca un violín de J.G. Guadagnini que data de 1748.


Miguel da Silva

O músico franco-suízo Miguel da Silva naceu en Reims e comezou a estudar no Conservatorio da súa cidade natal, antes de mudarse a Paris, onde estudou no Conservatorio Superior de Música con Serge Collot. En París, foi laureado co Primeiro Premio en Música de Cámara e en Viola, por unanimidade e con voto especial do xurado.

Em 1985 gañou o Primeiro Premio do Concurso Internacional de Música de Cámara de París.

A sua paixón polo cuarteto de cordas levouno a fundar o Quarteto Ysaÿe, xuntamente con tres amigos. Despois de gañar o Primeiro Premio en Evian, o Quarteto Ysaÿe comezou unha importante carreira internacional.

Miguel da Silva tocou como solista coa Orquestra de Cámara de Paris, a Orquestra de Cámara Polaca, Orchestre d'Auvergne, a Orquestra Franz-Liszt de Budapest, a Orquestra da Bretaña e a Orquestra “Les Siècles”.

Paralelamente aos seus CDs co Cuarteto Ysaÿe, Miguel da Silva gravou para as editoras Accord, Valois-Auvidis, Philips, Harmonia Mundi, etc. Tamén fundou a sua propia editora, a Ysaÿe Records, que, co selo Nascor, oferece aos xoves músicos a oportunidade de facer a sua primeira gravación.

Em 2008 foi nomeado Profesor de Viola na Musikhochschule de Luebeck, en Alemaña, onde asumiu o cargo de Walter Levine, e como tutor na Academia Europeia de Música de Câmara (ECMA) e na Academia de Verán da Universidade de Música de Viena (ISA).

Em 2009, ingresou na Haute École de Musique, en Xenebra, como Professor de Viola e de Música de Cámara, e converteuse en director artístico da Academia Musical Villecroze de Francia.

Foi recentemente nomeado Mestre em Residencia na Capela Musical Raiña Elisabeth de Bélxica, xunto con José Van Dam (canto), Augustin Dumay (violín), Louis Lortie (piano) e Gary Hoffman (violoncelo), onde foi convidado a abrir a primeira clase de viola.

Miguel da Silva toca unha viola de Nicola Bergonzi (Cremona, 1796).


Frans Helmerson

O violoncelista sueco Frans Helmerson iniciou os seus estudos musicais con Guido Vecchi, en Gotemburgo, antes de estudar con Giuseppe Selmi, en Roma, e William Pleeth, en Londres. Sergiu Celibidache e o seu mentor Mstislav Rostropovich tamén tiveron un papel moi influinte no seu desenvolvemento artístico.

En 1971, Helmerson gañou o renombrado Concurso Internacional Cassado, em Florencia.

Frans Helmerson presentouse como solista con moitos dos mellores maestros, incluíndo Seiji Ozawa, Colin Davies, Neeme Järvi, Evgeni Svetlanov, Esa-Pekka Salonen, Herbert Blomstedt, Sergiu Comissiona, Frübeck de Burgos, Kurt Sanderling e Mstislav Rostropovich, e recibiu moitos eloxios da crítica polos seus concertos e gravacións. A súa gravación do Concerto para Violoncelo de Dvořák, com Neeme Järvi e a Orquestra Sinfônica de Gotemburgo, foi recoñecida como a “mellor gravación actualmente dispoñible no mercado”. A sua gravación do Concerto para Violoncelo nº 1 de Schostakovich tamém é altamente eloxiada.

A paixón de Frans Helmerson pola música de cámara é outra forza motriz importante nos seus proxectos musicais. É convidado regular nos principais festivais, incluindo o Festival de Verbier, o Festival Pablo Casals en Prades e o Festival de Ravinia, e pasou moitos anos como diretor artístico do Festival Internacional de Música de Cámara de Umea-Korsholm. Em 2002, fundou o Quarteto de cordas Michelangelo, com Mihaela Martin, Stephan Picard e Nobuko Imai.

Alén de sua carreira como solista e músico de cámara, Frans Helmerson foi Profesor nos Conservatorios de Colonia e na Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid. Desde 2011, é Profesor Convidado na Escola Superior de Música Hanns Eisler, en Berlin. Em 2016 converteuse no responsable da cátedra de Violonchelo na Academia Barenboim-Said, en Berlín.

Frans Helmerson é Profesor Principal de Violonchelo da Academia de Kronberg, en Alemaña, desde 2006.

Toca cun violonchelo de Stefan-Peter Greiner.


Tiago Pinto-Ribeiro

Graduouse en contrabaixo na ESMAE-Porto e depois ingresou na UdK (Universidade das Artes) de Berlín, onde estudou com Michael Wolf e acadou o Mestrado. Foi o Primeiro Premio no Concurso Internacional “Júlio Cardona” e recebeu unha mención de honra no Concurso Internacional de Contrabaixo da ISB (International Society of Bassists), en Houston.

Tocou con algunhas das mellores orquestras mundiais: Orquestra Sinfónica NDR de Hamburgo, Orquestra Sinfónica de Berlim, Orquestra Filarmónica NDR de Hannover, Orquestra Sinfónica da Galicia, entre outras, onde foi dirixido por maestros consagrados como Claudio Abbado, Cristoph von Dohnányi, Kent Nagano ou Cristoph Eschenbach.


Filipe Pinto-Ribeiro

Filipe Pinto-Ribeiro é un dos grandes pianistas portugueses da actualidade, e un dos que máis recoñecemento internacional acadou tanto como solista como músico de cámara.

Diplomado e doutorado pelo Conservatorio Tchaikovsky de Moscova, onde estudou com Lyudmila Roschina, Filipe desenvolveu desde entón unha carreira que o ten levado a tocar nas principais salas e coas principais orquestras portuguesas nalgúns dos principais festivais de concertos de Europa e América do Norte.

Momento importante na súa carreira foi a creación, en 2006, do DSCH-Schostakovich Ensemble, do que é Director Artístico, unha agrupación de xeometría variable onde na que teñen participado, ao longo dos últimos case 20 anos, moitos dos mais significativos músicos do noso tempo para concertos por todo o mundo. 

Foi tamén a partir dese Ensemble cando creou en 2015 o Festival e Academia Verão Clássico, que se realiza anualmente en Lisboa entre finais de xullo e inicios de agosto, e que se ten convertido nun dos máis importantes festivais e academias musicais de verán do mundo.

É tamén Director Artístico do Festival de Música dos Capuchos e do Bragança ClassicFest.

Entre a sua discografía, destaca, a solo, o CD ‘Piano Seasons’, com obras de Tchaikovsky, Carrapatoso e Piazzolla/Nisinman e, en música de cámara, a integral para piano e cordas de Schostakovich e un disco con tríos de Beethoven, todos editados pola Paraty/Harmonia Mundi. 

En 2014 recibiu a distinçión de ‘Artista Steinway’ por parte da marca de pianos Steinway & Sons.


Colabora:









Kommentare


Publicar: Blog2 Post
bottom of page