CONCURSO DE SOLISTAS CSMVigo 2025
- CSMVigo Cultural
- 1 day ago
- 3 min read

XI CONCURSO DE SOLISTAS DO CSMV
CURSO 2024/2025
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) convoca o XI Concurso de Solistas, que se desenvolverá no curso
académico 2024/2025. O obxecto do concurso é o de estimular e recoñecer a excelencia interpretativa en calquera das
especialidades impartidas no centro. Rexerase polas seguintes bases.
BASES DO CONCURSO
Participantes e inscrición
1. Poderá tomar parte no concurso o alumnado matriculado no CSMV en calquera das especialidades e
itinerarios, e en calquera curso.
2. Para participar, unicamente é preciso cubrir o formulario online que se achega neste documento e achegar
información requirida.
3. O prazo para inscribirse será o comprendido entre o 12 e o 28 de maio de 2025, ámbolos dous incluÃdos, a
través do seguinte formulario: https://forms.gle/Mh6vgHwo4RXxe8nNA
4. O concurso constará de dúas fases:
4.1. Fase eliminatoria, na que se concursará por medio dunha gravación de vÃdeo cunha duración mÃnima de 8 minutos.
Os concursantes facilitarán o enlace o seu vÃdeo no formulario de inscrición e este estará aloxado nunha
plataforma de vÃdeo (Youtube, Vimeo, Dailymotion, Google Drive, Google Video ou similar) facilitando, no
caso de ser necesario, os permisos para a súa reprodución por parte do xurado.
Poderán interpretarse varias obras ou movementos, indicando no formulario de inscrición o tÃtulo e o autor
ou autora da obra ou obras.
As/os concursantes deberán facer a gravación nunha única toma, incluso no caso de que a interpretación
conteña varias obras ou movementos.
4.2. Fase final, na que cada concursante deberá preparar unha audición de duración mÃnima de 10 minutos.
Poderán propoñerse varias obras ou movementos, indicando no formulario de inscrición o tÃtulo e o autor
ou autora da obra ou obras e a duración de cada obra ou movemento.
5. No caso de precisar acompañamento pianÃstico ou de calquera outro tipo, é competencia d@ concursante
xestionar esta necesidade, non estando o centro obrigado a achegar este recurso. O profesorado do centro
unicamente poderá participar en calidade de pianista acompañante, no seu caso.
Fases do concurso
6. O director do CSMV nomeará un xurado formado, como mÃnimo, por 3 docentes pertencentes ao seu claustro.
O mesmo director determinará tamén o profesor que deberá exercer a presidencia. Contémplase, non
obstante, a posibilidade de que un dos membros de dito xurado sexa un antigo profesor do CSMV que chegara
á súa xubilación sendo docente do mesmo. O xurado terá como competencias:
a. Aprobar e publicar as listas de admitid@s.
b. Deliberar e decidir o listado de finalistas.
c. Realizar a convocatoria e chamamentos dos concursantes para a fase final.
d. Deliberar e outorgar os premios convocados
e. Resolver calquera incidencia relativa ao concurso desde o momento da súa constitución ao da sua disolución (en coordinación cos órganos responsables do centro), asà como interpretar o contido destas bases cando houbese lugar.
7. O dÃa 29 de maio publicarase no taboleiro oficial habilitado ao efecto, a listaxe de admitid@s ao concurso. No
caso de existir reclamacións a estas listas, deberán interpoñerse no prazo de 24 horas unha vez realizada a
publicación antedita, mediante instancia rexistrada nas oficinas do centro e dirixida á presidencia do xurado.
Despois de resolvero que proceda o 30 de maio publicaranse as listas definitivas.
8. O dÃa 2 de xuño o tribunal publicará no taboleiro oficial habilitado ao efecto, a listaxe de finalistas con
indicación da obra que deberán interpretar (no caso de que se tivese proposto pol@ concursante máis de
unha) asà como a orde de actuación d@s mesm@s.
9. A fase final do concurso terá lugar o mércores, 4 de xuño de 2025, no Auditorio MartÃn Códax do CSMV,
segundo o horario e orde de actuación que se teña publicado polo xurado.
10. Na fase final o xurado poderá interromper a audición d@ concursante antes do remate da obra, se o considera
oportuno.
Premios
11. O xurado poderá outorgar un 1º, 2º e 3º premios, asà como ata dúas mencións de honra, no caso de que asà o
estimase, á vista do nivel d@s concursantes presentad@s. Igualmente poderá declarar desertos os premios
que considere.
12. Para @ 1º premiad@, o premio consistirá en:
a. Realización dun concerto como solista con algunha das agrupacións (orquestras) do CSMV. O
momento desta realización asà como o repertorio a interpretar, serán acordados entre @ solista e a/s
persoa/s responsable/s da dirección da agrupación coa que vai actuar.
b. Bono de compra por valor de 200 € ; a compra realizarase na web
http://www.dosacordes.es/web/tienda no prazo que se indique.
c. Diploma acreditativo.
Para @ 2º e 3º premiad@.
a. Bono de compra por valor de 150€ para 2º premiado e 100 € para o 3º premiado; a compra
realizarase na web http://www.dosacordes.es/web/tienda no prazo que se indique.
b. Diploma acreditativo.
Para as mencións de honra: Diploma acreditativo
13. Os premios entregaranse no Acto de Graduación e Clausura do Curso Académico 2024/2025.
Base xeral
14. A participación no concurso implica a aceptación completa destas bases.