20-24/04 XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2026
- 14 hours ago
- 1 min read
Coñece o Conservatorio Superior de Música de Vigo, as especialidades que oferta, os seus profesores e todas as posibilidades de desenvolvemento persoal que che pode ofrecer, o seu interesante programa de mobilidades internacionais e o Máster en Creación, Interpretación e Investigación.
Cubrindo e enviando este formulario poderás contactar cos profesores da especialidade que queiras estudar, así como recibir os seus consellos e orientacións de cara á proba de acceso.
Inscríbete aquí:
Prazos e datas:
1. Período de inscrición: Ata o 14 de abril.
2. Dende o 15 ao 20 de abril contactarán contigo o profesorado solicitado no formulario para concertar unha cita.
3. Datas de realización das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2026: Do 20 ao 24 de abril de 2026.
Máis información: aquí




