top of page
  • Writer's pictureCSMVigo Cultural

VIII FESTIVAL NAS ONDAS (2023)

Updated: Mar 15

VIII FESTIVAL DE MÚSICA E DAS ARTES DO CSMVigo

NAS ONDAS 2023

O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) presenta un ano máis o VIII Festival de Música e das Artes NAS ONDAS, que se desenvolverá entre o 1 de marzo e o 8 de xuño de 2023. NAS ONDAS ofrece nesta edición unha programación variada e interesante que reforza algunhas das súas liñas distintivas, como a produción propia, a presenza de intérpretes procedentes de diferentes institucións europeas ou a posta en valor da música galega.

NAS ONDAS 2023 posúe 38 eventos, gratuítos e de libre entrada ata completar o aforo dispoñible. O festival oferta un amplo número de concertos, destacadas clases maxistrais e, nesta ocasión, tamén a proxección dun filme sobre a figura da recoñecida musicóloga e estudosa da música popular galega Dorothé Schubarth. Como ven sendo habitual, artículase en distintos ciclos: De Piano, IV Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas.

NAS ONDAS 2023 ofrecenos a posibilidade de escoitar a parte do alumnado e profesorado máis brillante do CSMV, a recoñecidos nomes da música en Galicia así como a destacados intérpretes do panorama nacional e internacional, entre os que cabe destacar o profesorado que nos visita no marco do programa Erasmus+. Nesta edición iniciamos tamén unha colaboración coa Fundación SIFU, institución que promove a integración e inserción de persoas con algún tipo de discapacidade. Froito desta relación será o recital do pianista Guillem León Vivas, quen, becado por esta entidade, realiza na actualidade estudos de mestrado na prestixiosa Royal Academy of Music de Londres.

NAS ONDAS 2023 pon de manifesto unha vez máis o extraordinario dinamismo do CSMV, o seu interese e compromiso coa cultura e, sobre todo, a vontade de ofertar a sociedade unha programación musical de calidade que amose o impacto nacional e internacional do noso conservatorio e a excelencia do traballo desenvolto pola súa comunidade educativa.


Toda a programación: https://www.csmvigoactividades.com/axenda-2023


Descarga o libro do festival

123 views0 comments

Recent Posts

See All
Publicar: Blog2 Post
bottom of page