top of page

17/11/2022 SHARON KAM Masterclass

  • Writer: CSMVigo Cultural
    CSMVigo Cultural
  • Oct 28, 2022
  • 1 min read

Updated: Nov 17, 2022

SHARON KAM

Masterclass

17/11/2022

Conservatorio Superior de Música de Vigo


O vindeiro 17 de novembro de 2022 a renombrada clarinetista Sharon Kam estará no Conservatorio Superior de Música de Vigo ofrecendo unha Master Class para alumnado do CSM de Vigo (actual e exalumnado convidado).

Esta Master class estará financiada dende o Programa Erasmus+, e supón una grande oportunidade para o noso alumnado de poder compartir os coñecementos dunha das clarinetistas máis relevantes no panorama internacional do instrumento.

Toda a comunidade educativa do CSM de Vigo e dos conservatorios profesionais da contorna, estades convidados a asistir a esta actividade como ouvintes.

Así mesmo, Sharon Kam tamén realizara o concerto de apertura do IX Congreso Nacional de clarinete organizado por ADEC, e que terá lugar no Auditorio Martín Códax o 18 de novembro ás 20 horas.

Para máis información sobre Sharon Kam podes visitar o seu enderezo web.



Publicar: Blog2 Post

Conservatorio Superior de Música de Vigo

Rúa Manuel Olivié, 23. 36203, Vigo.

Tlfno: 986 471 144

www.csmvigo.com

©2021 CSMVigo

bottom of page