O pasado 10 de febreiro comezaba NAS ONDAS 2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademais na celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven un eixo temático destacado. A data de remate prevista era o pasado 4 de xuño. Non obstante, debido á aparición da COVID-19, numerosos eventos do mesmo tiveron que ser aprazados. Por iso, o CSMV reprograma no mes de outubro algúns dos concertos non realizados na data prevista inicialmente.
O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere que a reprogramación do Festival NAS ONDAS, neste momento de tanta incerteza, sirva tanto para apoiar ao ámbito cultural como para constatar a importancia que a propia institución ten nel.
OUTUBRO 2020
Martes 6 /20.00 h. Multiplensemble / Rafael Yebra (saxofóns), Brenda Vidal (piano), David Rodríguez (percusión) -EXPLURART-
Xoves 15 / 20.00 h. Naialma (presentación novo disco) / Alberto Vilas (piano e composición) -EXPLURART-
Martes 20 / 20.00 h. Debussy, Schumann, Rachmaninov / Iago García (piano) Andrés Montenegro (piano) -DE PIANO-
Xoves 22 / 20.00 h.Trío Voluntas /Roberto Noche (clarinete), Alejandro Costas (violonchelo), Patricia Rejas (piano) -EXPLURART#Beethoven250-
Xoves 29 / 20.00 h.Trío clarinete, violonchelo e piano / Esteban Valverde (clarinete), Ana Torres (violonchelo), Cristina García (piano) -EXPLURART#Beethoven250-
NAS ONDAS 2020 debe a súa existencia ó patrocinio da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e ao Concello de Vigo.